XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a expropiación definitiva da vivenda vinculada ao CEIP Lamas de Abade

21/04/2017

A Xunta de Goberno aprobou este venres, de maneira definitiva, a expropiación do dereito de ocupación da vivenda localizada no recinto do CEIP Lamas de Abade. Foi despois de rexeitar as alegacións presentadas pola persoa que tiña o dereito de uso da edificación, malia a non ter ningunha relación co centro educativo. Agora, a persoa afectada terá 20 días de prazo para presentar alegacións no que ten que ver coa indemnización que recibirá, e despois a vivenda será posta a disposición da Consellería...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio conmemora o Día Internacional do Libro coa entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido o domingo

21/04/2017

O vindeiro domingo, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na praza das Praterías), tanto adultos como ao público infantil e xuvenil. A Casa do Cabido abrirá o domingo no seu horario habitual, só pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais estrean un programa de roteiros guiados para "entender a nosa cidade"

21/04/2017

A concelleira Concha Fernández, que ten delegadas temporalmente as competencias de Centros Socioculturais, presentou hoxe un novo programa que se pon en marcha dende a rede "co obxectivo de que os propios composteláns coñezan mellor a súa cidade". Trátase dunha oferta de roteiros comentados e charlas sobre memoria e historia, que leva por nome Entendendo a cidade, e que se desenvolverá ata o mes de xuño. Na presentación tamén participaron o profesor Eduardo Sánchez Novais, que exercerá de...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio licita o servizo de conservación e mantemento dos pavimentos da cidade histórica

21/04/2017

O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso o servizo de conservación e mantemento dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para un período de algo máis de 18 meses (dende mediados de xuño deste ano ata finais de 2018). Durante este espazo de tempo, o organismo interadministrativo destinará un total de 266.000 euros a estas actuacións. O 19 de maio remata o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.

Ler máis

TURISMO

Santiago participa en Betanzos nunha feira para promocionar o Camiño Inglés

21/04/2017

Turismo de Santiago participa este sábado nunha feira que se celebra en Betanzos para promocionar o Camiño Inglés no marco da campaña Primavera no Camiño, coa que a Deputación da Coruña pretende divulgar os múltiples atractivos etnográficos, culturais e naturais cos que conta esta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde á continuación da senda verde das Brañas de Sar cara Conxo

21/04/2017

A Xunta de Goberno deu conta este veners da resolución do Servizo Galego de Saúde de concesión demanial a favor do Concello duns terreos da súa propiedade en Conxo. Trátase da medida necesaria para que se poida seguir desenvolvendo a senda verde das Brañas de Sar, cara a zona do Banquete de Conxo.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

"As caras dos libros: os deseños das portadas na obra de Carlos Casares", nova exposición no CSC da Rocha

21/04/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu este venres á inauguración da exposición As caras dos libros: os deseños das portadas
na obra de Carlos Casares
, no Centro Sociocultural da Rocha. A mostra está organizada pola Asociación Cultural Rocha Forte e homenaxea a un dos referentes da historia da literatura galega, a quen este ano 2017 se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Ler máis
Compartir: