ALCALDÍA

Noriega reclama melloras nas ferramentas de financiamento da cidade

03/03/2017

O alcalde de Santiago aproveitou a reunión que mantivo esta mañá co presidente da Xunta para reivindicar as ferramentas propias de financiamento que axuden a manter a singularidade da nosa cidade e a afrontar novos retos como os relacionados co Ano Santo de 2021. Martiño Noriega expúxolle a Alberto Núñez Feijóo dúas peticións concretas: o aumento da partida da Capitalidade de cara a 2018 e o incremento da achega que a Xunta fai ao Consorcio de Santiago.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde proponlle ao presidente da Xunta "un pacto de país polas tres grandes infraestruturas pendentes en Santiago"

03/03/2017

O alcalde de Santiago reuniuse hoxe co presidente da Xunta, no terceiro encontro que ambos manteñen dende a chegada de Martiño Noriega á Alcaldía. Na xuntanza, o rexedor propúxolle a Alberto Núñez Feijóo "un pacto polas tres grandes infraestruturas pendentes na cidade: a EDAR, a estación intermodal e a ampliación da AP-9, incluído o enlace orbital".

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello solicita a implicación da Xunta na creación do Campus da Música de Santiago

03/03/2017

O alcalde de Santiago fixo hoxe un chamamento á implicación da Xunta na creación do Campus da Música de Santiago, na reunión que mantivo co presidente, Alberto Núñez Feijóo. Martiño Noriega lembrou a "demanda histórica da cidade para que se amplíe o Conservatorio Profesional, case dende o mesmo momento da súa inauguración en 2004", e explicou a situación de falta de espazo na que se atopa a Escola Municipal de Música, que comparte espazo co CEIP Apóstolo Santiago.

Ler máis
Compartir: