ALCALDÍA

O Concello colabora na homenaxe ao sociólogo Fermín Bouza Álvarez

08/02/2017

Somos Ferministas é o título da homenaxe que o sociólogo compostelán Fermín Bouza Álvarez recibirá este próximo domingo, ás 12:00 horas, no Teatro Principal. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou o acto acompañado de Xosé Manuel Pereiro, director da revista Luzes, coorganizadora do evento.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha sesión de lecturas dramatizadas

08/02/2017

O Centro Sociocultural de Conxo acollerá o sábado, a partir das 12.30 horas, unha sesión de lecturas dramatizadas dos textos teatrais feitos polos alumnos do obradoiro de dramaturxia impartido por Roi Vidal durante o último trimestre de 2016. Deste xeito, bótaselle o peche a esta actividade, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Concello.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio e Galaxia publican un libro e un CD con cancións dedicadas á cidade con fins solidarios

08/02/2017

Baixo o título Santiago invisible, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar un proxecto fotográfico, literario e musical centrado na cidade de Santiago e cuxos beneficios se destinarán ao Fondo de Emerxencias de Médicos Sin Fronteras. A publicación preséntase esta tarde na Fundación Granell, ás 19:30 horas. Ao acto asistirá o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de publicacións do...

Ler máis
Compartir: