ALCALDÍA

Asinado o protocolo para a mellora das entradas dos Camiños de Santiago no termo municipal

15/02/2017

O alcalde, Martiño Noriega; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinaron esta mañá o protocolo de colaboración para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago no termo municipal de Compostela. Foi nun acto celebrado no Museo das Peregrinacións, no que Concello e Xunta recoñeceron que o acondicionamento dos tramos...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibe unha representación de Special Olympics Galicia

15/02/2017

O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá a unha delegación de Special Olympics Galicia, formada polo seu xerente, Antonio Fuentaja; a súa directora técnica, Eunice Mosquera, e o seu tesoureiro, Javier García. Foi un encontro solicitado pola entidade, para lle presentar ao rexedor a memoria de actividades do ano 2016 e solicitar a colaboración do Concello para as actividades que están organizando de cara a este ano.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Atlántica celebra cinco anos con actuacións en toda Galicia

15/02/2017

O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa quinta edición, que se vai celebrar entre os días 15 e 19 de marzo. A presentación tivo lugar este mércores, 15 de febreiro, nunha rolda de prensa que tivo lugar no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela e na que participaron representantes dos concellos que este ano apoian o festival. Así, na rolda estiveron Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago de Compostela; Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura,...

Ler máis
Compartir: