CULTURA

A Banda Municipal de Música de Santiago leva ao Principal o programa "Mirando ao Sur"

01/12/2017

Mirando ao Sur é a proposta musical coa que a Banda Municipal de Música de Santiago abre a o mes de decembro no Principal. O domingo día 3, ás 12:00 horas, a formación que dirixe Casiano Mouriño interpretará un programa con obras de Miguel Sánchez, Ángel Carreño, Julie Giroux, Pascual Piqueras e unha selección de cancións con texto de Federico García Lorca. José Antonio Guerero é o director convidado nesta ocasión e será na voz do cantaor Juan Pinilla que...

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno mantén o obxectivo de municipalizar a ORA e o guindastre

01/12/2017

O alcalde reiterou hoxe a intención do Goberno de municipalizar os servizos de ORA e guindastre "unha vez que quedou constatado que a empresa Doal non ten interese en asumir o contrato, senón que unicamente está pelexando por unha suposta indemnización por non terlle sido adxudicado o servizo no ano 2012". Martiño Noriega anunciou ademais que "o Concello recorrerá a sentenza do TSXG que contempla o pago desa indemnización, "porque entendemos que é contraditoria con anteriores decisións xudiciais ao respecto da...

Ler máis
Compartir: