CONSORCIO

A Fundación Torrente Ballester acolle a parte da exposición dos 25 anos do Consorcio de Santiago que se exhibía no Colexio de Fonseca

05/10/2017

Baixo o título Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade, o organismo inauguraba en xullo unha exposición que repasa a súa traxectoria. A mostra ten dúas sedes, a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e a Fundación Torrente Ballester, que, debido á demanda de público, acolle a parte da mostra que ata agora se exhibía no Colexio de Fonseca. Inaugurarase este xoves, a partir das 19:00 horas, coincidindo coa presentación da Guía ilustrada das igrexas de Santiago de...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto, as Xornadas de Música Contemporánea e Galicreques centran a "Compostelánea" de outubro

05/10/2017

O número 15 da revista Compostelánea xa está nas rúas. Dende o pasado domingo, é posible facerse cunha nova entrega deste caderno turístico e cultural de Compostela na súa versión en papel ou dixital. Compostelánea naceu en xullo de 2016, froito da colaboración entre as concellarías de Acción Cultural e de Turismo, co albo de ofrecer mensualmente unha guía práctica coa que residentes e visitantes puidesen participar na programación cultural e de ocio de Santiago.

Ler máis

CONSORCIO

Santiago, modelo de rehabilitación e xestión do centro histórico para a cidade ecuatoriana de Quito

05/10/2017

A cidade ecuatoriana de Quito está a traballar no plan de xestión do seu centro histórico e, en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), elixiron a cidade de Santiago como un dos modelos de referencia que van servir para o seu deseño e implantación. Vencellado a esta iniciativa, un equipo de expertos de Santiago desprazarase a Quito entre os días 7 e 14 de outubro para participar nun programa de asesoramento e explicar ademais o modelo do Consorcio de Santiago.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O programa "Descarboniza! Que non é pouco" suma novas accións e outros tres centros socioculturais

05/10/2017

O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, xunto con Miguel Pardellas, do Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC, presentaron a nova fase do programa Descarboniza! Que non é pouco. Esta iniciativa, que pretende sensibilizar á veciñanza sobre os efectos dos gases invernadoiro e as emisións que os provocan, suma agora outros tres centros socioculturais.

Ler máis

TURISMO

O catedrático Luis Caramés presenta un estudo sobre a introdución da Taxa Turística en Santiago

05/10/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, presentaron no Pazo de Raxoi as principais liñas dun estudo sobre a implantación da Taxa Turística en Santiago. Este estudo será presentado ao sector en detalle na próxima reunión do Consello Municipal de Turismo, que terá lugar o vindeiro 9 de outubro.

Ler máis

FACENDA

Animación e información sobre os orzamentos participativos Compostela Decide, mañá na praza Roxa

05/10/2017

Este venres 6, os orzamentos participativos Compostela Decide achegaranse á praza Roxa para que a cidadanía poida consultar de xeito presencial as propostas finalistas e votalas co apoio do equipo técnico. Haberá unha zona de xogo para a xente miúda -e non tan miúda- con mesas para debuxar, recortar e imaxinar "como queres que sexa o teu barrio", así como xogos de construción.

Ler máis

ALCALDÍA

Volven os "Ao vivo" cun encontro coa veciñanza das parroquias de Marrozos, Aríns, Angrois e O Eixo

05/10/2017

Despois do parón do verán, o Goberno local retoma os "Encontros ao vivo" para render contas diante da cidadanía e para recoller as súas queixas e suxestións. Será cunha xuntanza cos veciños e veciños da área Rural Leste do municipio, que engloba as parroquias de Marrozos, Aríns, Angrois e O Eixo. O encontro será o sábado, a partir das 11:30 horas, no CSC de Marrozos.

Ler máis
Compartir: