DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Máis de 150 makers participarán na Maker Faire Galicia os días 1 e 2 outubro

06/09/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou a Maker Faire Galicia, acompañada de dúas persoas da organización do evento, Matilde Rodríguez e Enrique Saavedra. A Maker Faire Galicia, escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, celebrarase os días 1 e 2 de outubro no Palacio de Congresos.

Ler máis

MOBILIDADE

Comeza o proceso para redefinir as liñas do transporte público, en diálogo coa cidadanía

06/09/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe os detalles do borrador para a reorganización das liñas de autobús, que esta tarde lle será dado a coñecer á veciñanza nunha reunión aberta no Auditorio de Galicia, a partir das 20:15 horas. Jorge Duarte anunciou a convocatoria dunha nova xuntanza para o día 13 de setembro, para lle dar unha nova oportunidade aos cidadáns e cidadás que non poidan asistir ao encontro de hoxe.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ábrese o prazo de solicitude para os obradoiros das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

06/09/2016

Este mércores, 7 de setembro, ábrese o prazo para solicitar a participación nos obradoiros para o curso 2016-2017 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Ofértanse 45 prazas -15 por cada un dos centros- para uns talleres que se desenvolverán pola tarde durante o período lectivo e pola mañá en datas de vacacións. A admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal ata esgotar as prazas.

Ler máis
Compartir: