MOBILIDADE

Santiago de Compostela súmase á celebración da Semana Europea da Mobilidade

14/09/2016

Compostela vaise sumar á celebración da Semana Europea da Mobilidade cun calendario cheo de actividades dende o 16 ao 23 de setembro. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou a programación, acompañado por representantes dalgunhas das entidades que colaboran nela, como Composcleta, Amico ou Cogami.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Dezasete solistas, cinco concertos e máis sorpresas no VI Festival Peregrinos Musicais

14/09/2016

O Festival Peregrinos Musicais, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 19 e o 23 de setembro, une na súa VI edición a solistas noveis de España, Países Baixos, Rusia, Armenia e Estados Unidos. Mozos e mozas de entre 12 e 21 anos que representan o maior nivel de excelencia profesional dentro da música clásica e que foron coidadosamente seleccionados mediante unhas probas nas que se testaron as súas habilidades técnicas e interpretativas. Ademais, o Festival contará coa actuación de músicos de...

Ler máis
Compartir: