POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela acollerá a I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar

24/10/2016

Esta mañá, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa a I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar, que se celebrará este xoves 27 de outubro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos, s/n). Na rolda, a concelleira estivo acompañada por Santiago López Insua, coordinador de Cruz Vermella en Santiago; Patricia Camiña, responsable do Centro Vieiro de Cáritas en Compostela; Sor...

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

En marcha as obras da avenida de Coímbra

24/10/2016

Esta mañá comezaron as obras de reforma da avenida de Coímbra, unha actuación que estará finalizada antes de que remate este ano 2016. Os traballos, financiados con cargo aos remanentes, contan cun orzamento de 60.434,24 euros, IVE incluído.

Ler máis

CONVIVENCIA

O Goberno desminte que se vaia sancionar ás nais e pais do CEIP Monte dos Postes

24/10/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Mobilidade volveu desmentir hoxe que a Policía Local vaia iniciar unha campaña sancionadora na contorna do CEIP Monte dos Postes. Xan Duro saíu así ao paso das informacións falsas publicadas nos últimos días, despois que de o centro recibira unha chamada de orixe descoñecida avisando de que esta semana se empezaría a multar ás nais e pais que estiveran mal estacionados nas rúas próximas ao colexio, nos horarios de entrada e saída das aulas.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía celebra esta semana tres concertos en Vigo, Santiago e Lugo

24/10/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro será o mércores 26 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. O xoves a orquestra actuará na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas. E o venres, a agrupación desprazarase a Lugo, onde ofrecerá unha actuación no Círculo das Artes da cidade, ás 20:00 horas.

Ler máis

FACENDA

Mañá martes remata o prazo para votar nos orzamentos participativos Compostela Decide

24/10/2016

Mañá martes ás doce da noite rematará o prazo para votar as propostas de investimentos que fixo a veciñanza para os orzamentos participativos Compostela Decide. Calquera persoa censada ou estudante en Santiago pode rexistrarse e votar na web, que explica polo miúdo como facelo. No caso de ser estudante, ademais do rexistro na web, é preciso enviar un correo electrónico a decide@santiagodecompostela.gal coa copia da matrícula no curso 2016/2017.

Ler máis

CONSORCIO

O prestixioso trompetista valenciano Luis González formará neste instrumento a músicos galegos

24/10/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do afamado trompetista valenciano Luis González. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense praza para músicos externos ao centro.

Ler máis

CONSORCIO

Quince locais comerciais da cidade histórica solicitaron as axudas do Consorcio para a súa mellora

24/10/2016

O Consorcio de Santiago puxo en marcha o Programa Localízate, dotado con 100.000 euros en axudas para mellorar a accesibilidade, a eficiencia enerxética, a imaxe exterior e o acondicionamento interior dos locais comerciais situados no ámbito do Plan Especial de Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela. O pasado luns remataba o prazo de presentación de solicitudes e pediron as axudas 15 locais, un boa parte dos cales aspiran á máxima cantidade subvencionable.

Ler máis

EDUDACIÓN E CIDADANÍA

O concelleiro de Educación reúnese co persoal directivo dos CEIPS de Compostela

24/10/2016

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, mantivo esta mañá, no edificio Cersia, unha xuntanza cos 13 directores e directoras dos centros de primaria de Compostela. Esta reunión responde á vontade do Departamento de manter, como fixo o ano pasado, unha xuntanza anual ao comezo de curso cos equipos directivos dos colexios públicos de Compostela.

Ler máis
Compartir: