ALCALDÍA

O Concello homenaxea ao veterinario Juan Rof Codina polo Día da Ciencia

06/10/2022

O parque das Ciencias acolleu esta mañá un acto de homenaxe ao impulsor da veterinaria en Galicia e España, Juan Rof Codina, co gallo do Día da Ciencia. Ao evento, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en colaboración co Concello de Santiago, asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da RAGC, José Manuel Lema Rodicio; membros da Corporación municipal e familiares do homenaxeado.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

A concellería de Seguridade Cidadá e a Policía Local poñen en marcha un ciclo de charlas sobre lecer nocturno para a mocidade compostelá

06/10/2022

Estas charlas didácticas xurden como resposta ao incremento de condutas incívicas asociadas directa e indirectamente ao lecer nocturno que a Policía Local vén detectando nos últimos meses. Esta actividade están deseñada especificamente para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 17 anos que están a ter o seu primeiro contacto co lecer nocturno.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Escola de Música de aCentral Folque arranca un novo curso con actividades para todos os públicos

06/10/2022

O xoves 6 de outubro comeza un novo curso regular da Escola de Música d’aCentral Folque, que xa leva 22 anos de ensino en músicas populares galegas. Haberá aulas para todos os públicos e inquietudes en especialidades coma baile, zanfona, violín, gaita, canto, frautas, percusións, solfexo, análise musical de cancións tradicionais…A partir de xaneiro do 2023 haberá unha morea de cursos monográficos especiais que foron presentados en rolda pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e polo coordinador do...

Ler máis

FESTAS

O Concello colabora coa Xunta de Confrarías para promocionar a Semana Santa de Santiago

06/10/2022

O Concello de Santiago e a Xunta de Confrarías de Semana Santa de Santiago asinaron esta mañá un convenio de colaboración que permitirá sufragar as actividades e promoción levadas a cabo durante a Semana Santa de 2022. Ao acto de sinatura, que se celebrou esta mañá no pazo de Raxoi, acudiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o presidente da Xunta de Confrarías, José Ramón Muñiz Ramos.

Ler máis
Compartir: