TURISMO

Sindo Guinarte destaca os avances en innovación que está a experimentar Compostela no marco do proxecto Smartiago

18/10/2022

O concelleiro de Presidencia, Turismo e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, referiuse hoxe ao proxecto Smartiago como "exemplo de innovación", na mesa redonda "O turismo da Administración Local- oportunidades da Intelixencia Artificial", enmarcada no "Congreso de Datos e Intelixencia Artificial no Sector Turístico", que se celebra ata mañá en Alcalá de Henares (Madrid) e no que expertos de cidades de toda España comparten experiencias de xestión turística.

Ler máis

MOCIDADE

O Centro Xove da Almáciga pon en marcha as actividades para o curso 2022-2023

18/10/2022

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol presentou esta mañá a programación anual do Centro Xove de Creación Cultural para a tempada 2022-2023. Durante a rolda de prensa, que tamén contou coa presenza do profesor do CX Guillermo Vistoso, o edil tamén fixo balance do proxecto Lanzadeira desenvolvido este ano e que axudou a profesionalizar e dar visibilidade a sete bandas residentes do Centro.

Ler máis

ALCALDÍA

Respaldo unánime do tecido económico e académico de Santiago á candidatura integradora para acoller a sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial

18/10/2022

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, reafirmouse na súa proposta de integración para acoller a Axencia Española de Intelixencia Artificial (AESIA) nas cidades de Santiago e A Coruña tras unha reunión na que participaron os voceiros dos grupos da corporación municipal, o reitor da USC e representantes do tecido empresarial de Santiago. Sánchez Bugallo insistiu en que "obxectivamente a candidatura de Santiago é máis forte" porque dos 11 parámetros que establece o Ministerio para elixir a sede da AESIA,...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Mañá ábrese o prazo para a solicitude de axudas destinadas a empresas de Santiago e ao Premio á excelencia empresarial

18/10/2022

O BOP Coruña vén de publicar no día de hoxe as convocatorias de subvención destinadas a apoiar ás empresas de economía social, ás actuacións en materia de economía circular e á primeira edición dos "Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030" do Concello de Santiago. O prazo de presentación de solicitudes para todas elas estenderase desde mañá día 19 de outubro ata o día 2 de novembro.

Ler máis
Compartir: