LINGUA
O Espazo Apego dá a benvida ao novo curso cun amplo programa de actividades para o mes de setembro
Tras o descanso estival, o Espazo Apego presenta a súa oferta de actividades para o mes de setembro, cuxo prazo de inscrición xa está aberto.
ALCALDÍA
Apróbase de xeito definitivo a modificación do Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe, 29 de agosto, a aprobación definitiva da modificación do Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago que permitirá a inclusión das distincións de "Alba de Compostela" e "Mulleres de Compostela" así como dunha serie de melloras de fondo e forma desta normativa municipal. Esta modificación xa fora acordada de maneira inicial por todos os grupos municipais na sesión plenaria do pasado 27 de xuño, e tras o...
CAPITAL CULTURAL
Curtocircuíto reinvéntase para explorar as profundidades oceánicas
Do 1 ao 6 de outubro, a 21ª edición do festival manterá a súa aposta pola diversidade de ollares en máis de corenta obras procedentes de 16 países e preto dun 66% de filmes asinados por cineastas mulleres. Na sección oficial Cosmos competirán 25 traballos entre os que se atopan as últimas creacións de Elena López Riera, Gala Hernández, Sandra Schäfer ou Rainer Kohlberger. A programadora Caroline Maleville, os comisarios Gilherme Blanc e Peter Taylor, a xornalista Jara Yáñez e a escritora...
MOBILIDADE
O Concello de Santiago lembra que as modificacións no servizo a Casas Novas funcionan desde o 25 de xuño
Incrementáronse o número de frecuencias e modificouse o traxecto por mor do corte da rúa Pombal por obras de reurbanización.