XUNTA DE GOBERNO

O Concello concede á Asociación Sarela unha parcela para a ampliación e mellora das súas instalacións

26/08/2024

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá aprobar a concesión demanial sobre a parcela DM-2 do SUNP-14, situada no barrio do Castiñeiriño, para a construción dun edificio destinado a centro de día e ocupacional para a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela por un prazo de 30 anos. O executivo local tamén deu luz verde á adxudicación á empresa SIELVIGO SL do contrato para a realización das obras de renovación da infraestrutura de iluminación e do peche perimetral suroeste do...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ás convocatorias do III Premio á Excelencia Empresarial e das axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social

26/08/2024

No ámbito da promoción económioca, a Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá ás bases reguladoras e ás convocatorias dos III Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030, por un valor de 60.000 euros, e das axudas destinadas a apoiar ás empresas de Economía Social de Santiago, que contará cun orzamento de 120.000 euros. A alcaldesa Goretti Sanmartín deu detalle destas iniciativas na rolda de prensa desta mañá.

Ler máis
Compartir: