ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Música inicia o segundo ciclo de "SonArte" no ano do 175 aniversario da súa fundación

04/01/2023

SonArte é o título da tempada 2022-2023 de concertos da Banda de Música Municipal de Santiago que arrancou o pasado mes de outubro e que continuará este ano, coincidindo co 175 aniversario da súa fundación. En total, a BMSC ofrecerá ata o próximo mes de maio un ciclo de 27 concertos nos que a música se relaciona con outras disciplinas artísticas e que neste mes de xaneiro estará dedicado ao teatro.

Ler máis
Compartir: