FESTAS

Volve o desfile-concurso do Entroido con premios para os mellores disfraces

24/01/2023

O concelleiro de Festas, Sindo Guinarte, presentou esta mañá as bases para participar no desfile-concurso do martes de Entroido, que se celebrará o 21 de febreiro. O Concello premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parelllas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela. O prazo de inscrición ao concurso abrirase nos vindeiros días.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Carballo acolle este sábado a gala de entrega dos Premios Youtubeiras 2022 que será conducida pola artista Cristina Collazo

24/01/2023

Un total de 22 propostas finalistas aspiran a facerse cos oito galardóns nos que se divide o certame: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. Repartiranse 7.500 euros entre as persoas gañadoras. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, entre eles Santiago de Compostela; polas tres universidades galegas e pola Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reúnese coa veciñanza afectada polos problemas de convivencia na rúa de Touro

24/01/2023

Representantes do bloque número 12 da rúa de Touro, afectados polas actitudes incívicas dun veciño do que denuncian "ruído e incluso ameazas", reuníronse co alcalde, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e inspectores da Policía Local. Logo do encontro, Muíños confirmou que se "incrementará a frecuencia dos controis da Policía Local para darlle seguridade á veciñanza e tentar poñer fin a unha situación que non é agradable para...

Ler máis
Compartir: