TURISMO

A Igrexa de San Fiz acolle un concerto de corais veciñais

02/01/2023

A Igrexa de San Fiz de Solovio acolle este Nadal, por primeira vez, un concerto moi especial, interpretado polas corais veciñais "Amigos do Castiñeiriño", "José Saramago de Vite" e "Santa Susana". O concerto, de balde e que terá lugar estes mércores 4 de xaneiro ás 18.00 horas, é froito da colaboración entre Turismo de Santiago de Compostela e Rede Municipal de Centros Socioculturais.

Ler máis

COMERCIO

Os Bonos Corazón xeraron case 4 millóns de euros en vendas para o pequeno comercio, a hostalaría e o Mercado de Abastos

02/01/2023

Dende que se abriu o campaña o pasado 8 de novembro e ata o 31 de decembro, data de peche, 19.537 persoas adquiriron un total de 44.153 bonos que logo empregaron no comercio e hostalería local. O balance final reflicte que o programa xerou un importe total en compras por valor de 3.942.113,73 euros, dos que se beneficiaron os 567 establecementos de Santiago adheridos ao programa: 484 comercios e 83 negocios de hostalería.

Ler máis
Compartir: