XUNTA DE GOBERNO

Amplíase en 130.000 euros a convocatoria de axudas de comedor, adquisición de material escolar, e actividades extraescolares

09/11/2022

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a ampliación, en 130.000 euros, da dotación orzamentaria destinada as bolsas de comedor, á adquisición de material escolar e á realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria, que neste curso 2022-2023 conta cun presuposto de 665.000 euros. Con este incremento, a cantidade destinada a axudas a través deste programa ascende a ...

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

O Concello repartirá alegrías e plantas dos xardíns municipais para que poidan ter unha segunda primavera

09/11/2022

Leva unha planta! é a iniciativa coa que a Concellería de Parques e Xardíns pretende darlle unha nova vida de flor ás plantas dos parterres e parques municipais. Organizarase un primeiro gran reparto de preto de 500 flores a partir do venres 11 ás 11.00h no Paseo dos Leóns da Alameda, onde as veciñas e veciños poderán recoller a súa planta e levala para o seu domicilio: "queremos encher as casas de toda a veciñanza de cores" explicou a concelleira Mila Castro.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade no mercado británico

09/11/2022

Turismo de Santiago participa esta semana na WTM de Londres, a feira máis importante do mercado británico, que ten lugar en Londres entre o 7 e o 9 de novembro. Nesta feira turística participan máis de 50.000 profesionais do sector. Arredor do 50% deles son británicos, pero tamén hai unha importante presencia de profesionais europeos e asiáticos.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Inaugúrase o novo Centro SocioCultural Maruxa e Coralia no casco histórico de Santiago

09/11/2022

O CSC Maruxa e Coralia abriu hoxe as súas portas para toda a veciñanza do casco histórico nun novo espazo renovado na praza Salvador Parga que substitúe o antiguo local situado na rúa Santa Cristina. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañados do historiador Ricardo Gurriarán e Carmen Amalia Rabuñal, representante da Asoc. Cultural San Martiño Pinario, inauguraron esta tarde ás 18 horas as novas instalacións.

Ler máis
Compartir: