EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Máis de 300 escolares participan no XXIV Certame de Teatro Intercentros

25/04/2019

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe o XXIV Certame de Teatro Intercentros, que un ano máis se celebrará no Teatro Principal entre o 29 de abril e o 22 de maio. Na rolda estivo acompañado polos dous mestres encargados da organización do certame, Sagrario Torrado e Daniel Baamonde, e tamén por varios alumnos e alumnas que participan como Catalina Figueroa e Aitana Suárez, do Xelmirez I; Elena Fornias, Candela Campos e Xesús Mosqueira, do CEIP de Roxos.

Ler máis

CONSORCIO

O violoncellista canario Ángel Luis Quintana formará neste instrumento a músicos/as noveis galegos/as

25/04/2019

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o violoncellista canario Ángel Luis Quintana formará neste instrumento tanto aos/ás estudantes da Escola como a alumnos/as externos/as interesados/as en perfeccionar a súa interpretación con este instrumento.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio destinará este ano máis de 3,6 millóns de euros á rehabilitación e restauración de inmobles de valor histórico e patrimonial

25/04/2019

O Consorcio de Santiago celebrou esta tarde o seu Consello de Administración, presidido polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Estiveron representadas as tres Administracións consorciadas, a través dos dous vicepresidentes do Consorcio, Pilar Paneque, subsecretaria de Facenda, e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia; e por parte do Concello de Santiago, ademais do alcalde, participaron os concelleiros Agustín Hernández, Francisco Reyes e Goretti...

Ler máis
Compartir: