ALCALDÍA

O Concello de Santiago entregará un novo informe solicitado por Acuaes para abrir o estudo comparativo de alternativas da EDAR

09/05/2018

O Concello de Santiago achegaralle a Augas de Galicia e Acuaes un novo informe sobre a viabilidade técnica e económica da nova EDAR da Silvouta mediante a tecnoloxía granular aerobia. Unha vez entregada esa documentación, poderíase iniciar o estudo de alternativas tendo en conta tanto a proposta do Goberno municipal como o proxecto do Souto defendido polas outras dúas administracións implicadas na actuación.

Ler máis

ALCALDÍA

Aberto o prazo para participar na terceira edición do #Fotolingua

09/05/2018

O Departamento Municipal de Lingua vén de poñer en marcha a terceira edición do #Fotolingua, o concurso que pretende darlle visibilidade aos establecementos comerciais da cidade que se comprometen co uso do galego. Para participar no certame só é preciso publicar nas redes sociais Facebook ou Instagram unha imaxe na que se reflicta a utilización da nosa lingua na actividade dunha empresa da...

Ler máis

TURISMO

Santiago será sede en setembro do primeiro Congreso Internacional de Altas Capacidades que se celebra en España

09/05/2018

A concelleira de Turismo, Marta Lois, acompañada da vicepresidenta da Asociación de Altas Capacidades de Galicia, Marisa Dequidt; da directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago, Carmen Pomar; e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentou o Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades, primeiro destas características que se celebra en España e que terá lugar en Santiago do 14 ao 16 de setembro, cunha asistencia prevista de 350 persoas.

Ler máis

FESTAS

A música galega e a feira cabalar protagonizan o día grande da Ascensión

09/05/2018

A XVII edición da Feira Cabalar en Amio, a comparsa de cabezudos, a sesión vermú de Cachas & Cousins na praza de Cervantes, as actuacións de Folk na Rúa na zona vella, os concertos de OqueStrada e Caxade na praza da Quintana, a verbena da Orquestra Passarela na Alameda e a actuación de Susana Martínez no escenario Compostela é! Música do Toural marcan o itinerario festivo do día grande das festas.

Ler máis

FESTAS

Doce pezas de microteatro e tres concertos na programación especial da Ascensión para público infantil e familiar

09/05/2018

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa a programación especial para público infantil e familiar que as festas da Ascensión levan esta fin de semana ao Teatro Principal. Fíxoo na compaña de Cristina Fiaño, de Urdime, e de Nadia Fonseca, Ramón Feáns e Manolo Boquete, tres dos integrantes de Trotaventos, a compañía responsable dun dos concertos que se inclúen no programa.

Ler máis
Compartir: