XUNTA DE GOBERNO

Iniciada a licitación da área de xogos de Outeiro de Sar

22/09/2017

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación do subministro e instalación de elementos novos da área de xogos infantil do parque de Outeiro de Sar. Nesta actuación vanse investir máis de 145.000 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno inicia o procedemento para adxudicar a instalación da pista de xeo nos dous próximos Nadais

22/09/2017

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o inicio do procedemento de licitación para a adxudicación da autorización da ocupación temporal da Alameda para a instalación da pista de patinaxe sobre xeo nas dúas próximas campañas de Nadal. Ao tempo, aprobouse o prego que rexerá a licitación, para a que se establece un canon mínimo de saída á alza de 2.000 euros.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A concelleira Branca Novoneyra reincorpórase á actividade municipal

22/09/2017

A concelleira de Acción Cultural compareceu hoxe ante os medios de comunicación para informar da súa plena reincorporación á actividade municipal despois de ter superado unha grave enfermidade. Branca Novoneyra estivo acompañada polo alcalde, Martiño Noriega, que mostrou a satisfacción do Goberno polo regreso da edil, "tanto pola alegría que supón a súa recuperación física, como polo que suporá para a dinámica do traballo".

Ler máis
Compartir: