DEPORTE

A Andaina dos 50 quilómetros permitirá percorrer a paisaxe máis rica de Compostela

27/04/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, deron a coñecer esta mañá os detalles da XIV Andaina dos 50 quilómetros de Santiago de Compostela, que se celebrará o vindeiro sábado, 6 de maio. A proba está incluída na Copa de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha

27/04/2017

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vai intervir na igrexa de Santa Cristina de Fecha, situada na parroquia homónima. O organismo interadministrativo acaba de sacar a obra a concurso, por un orzamento global de 27.291,05 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o vindeiro 22 de maio.

Ler máis

PLENO

O Concello de Santiago mostra o seu apoio ao persoal da planta de Halago no Polígono do Tambre

27/04/2017

O Pleno da Corporación aprobou hoxe unha declaración institucional en apoio aos traballadores e traballadoras da planta Halago Alimentaria S.A. no Polígono do Tambre. O texto pactado polos catro grupos municipais solicita á dirección da empresa que adopte as medidas necesarias que posibiliten a recuperación canto antes da produción nestas instalacións, garantindo as condicións laborais do persoal, e que manteña aos traballadores informados en todo momento da súa situación. Tamén se lle solicita ao...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Cisma Danza e La Incidente D-T, no Teatro Principal

27/04/2017

A Concellaría de Acción Cultural celebrará o Día Internacional da Danza (29 de abril) coa presenza de diferentes compañías que, dende este xoves 27 e ata o sábado 29, ofrecerán diversos espectáculos que nos achegarán á danza contemporánea. Dentro desta programación especial, Cisma Danza e La Incidente D-T presentan Absentia este venres 28 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reivindica a unidade do sector editorial e das administracións na defensa do libro galego

27/04/2017

O alcalde, Martiño Noriega, participou este mediodía na presentación da II Gala do Libro Galego, que se celebrará no Teatro Principal o próximo 20 de maio. No acto tamén participaron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e os principais responsables das tres entidades organizadora do evento: Xosé Ballesteros, da Asociación Galega de Editores; Cesáreo Sánchez, da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Antón Pedreira,...

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

O Concello e o COAG convocarán concursos de arquitectura para proxectos relevantes da cidade

27/04/2017

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade e o responsable en Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia presentaron hoxe o protocolo de colaboración entre o Concello e o COAG para a convocatoria dunha serie de concursos arquitectónicos vinculados a algunhas das actuacións máis importantes previstas na cidade de cara aos próximos anos. Jorge Duarte e Santiago García coincidiron na importancia deste acordo, que "permitirá que prime a calidade arquitectónica dos proxectos e que...

Ler máis
Compartir: