POLÍTICAS SOCIAIS

Máis de 150 persoas participan no Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social

20/04/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde presentou esta mañá o Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social, acompañada de varias traballadoras do Departamento de Políticas Sociais responsables do programa. "Trátase dun instrumento para favorecer a inclusión activa das persoas participantes, a través de medidas orientadas a minguar factores de risco social, fomentar a autonomía persoal e facilitar a súa inserción social e laboral", segundo explicou Concha...

Ler máis

TURISMO

O desfile de "Star Wars" estreará novo percorrido polo Casco Histórico

20/04/2017

A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, acompañada dos representantes da Tropa Korriban, Manuel Ángel Gayoso, Andrés Torreiro e Juan Piteira, presentaron o novo percorrido do desfile dos Imperial Stormtroopers que se celebrará o vindeiro 27 de maio. Está previsto que o desfile comece ás 17:30 e remate ás 19:30 horas.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución

20/04/2017

Antía Veres Gesto vén de gañar o I Premio Realia de Tradución Literaria que convoca a editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago. Así o anunciaron esta mañá a concelleira de Turismo e Igualdade, Marta Lois, e Xavier Senín, como voceiro do xurado do Premio, que se reuniu esta mañá no Auditorio de Galicia para deliberar. Veres gañou o galardón por unanimidade do xurado e pola tradución da obra Detrás da máscara: o poder dunha muller, escrita en lingua...

Ler máis

CONSORCIO

Últimos días para solicitar as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica

20/04/2017

O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.

Ler máis
Compartir: