PATRIMONIO

Santiago de Compostela súmase á campaña "Cando danas o patrimonio, dánasnos a todos"

13/02/2017

O Concello de Santiago ven de sumarse á campaña Cando danas o patrimonio, dánasnos a todos, impulsada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en colaboración coa Secretaría de Estado de Cultura. O obxectivo é fomentar a concienciación social como ferramenta para procurar o respecto cara todos os elementos comúns dos núcleos históricos das Cidades Patrimonio.

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno volve apostar pola participación da cidadanía cos "Encontros ao vivo"

13/02/2017

O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe os Encontros ao vivo, unha serie de actos deseñados para completar os procesos de participación cidadá impulsados dende o Goberno, e que pretenden ser o marco para que o Executivo renda contas en contacto directo coa veciñanza. O rexedor explicou que o obxectivo é que este modelo "acabe converténdose en praxe política, máis alá das cores, e que a aposta pola participación sexa unha aposta real e non simplemente ornamental".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Teatro do Noroeste celebra os seus 30 anos con "Estado de graza" no Principal

13/02/2017

Teatro do Noroeste cumpre 30 anos e, para celebralo, esta semana teremos en Compostela funcións do seu último traballo, Estado de graza e a presentación dun libro compendio destas tres décadas. As actividades foron presentadas esta mañá na Casa do Concello pola concelleira de Turismo, Marta Lois; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e Eduardo Alonso e Luma Gómez, de Teatro do Noroeste.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Fonseca acolle unha mostra de debuxos dos nenos e nenas do gueto de Terezín

13/02/2017

Os nenos e nenas que viviron e debuxaron o Holocausto. Debuxos dos nenos do gueto de Terezín é o título dunha exposición que recolle máis de 30 debuxos de nenas e nenos que viviron no campo de internamento nazi de Terezín (actual República Checa) entre 1940 e 1945. A mostra poderá visitarse ata o 24 de febreiro no claustro alto (primeiro piso) do Pazo de Fonseca, en horario de luns a venres, de 9:00 a 21:00, e os sábados ata as 13:00 horas. Os centros de ensino poden reservar visitas guiadas.

Ler máis
Compartir: