CONSORCIO

O Consorcio de Santiago adxudica as obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha

20/12/2017

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de Santa Cristina de Fecha, situada na parroquia homónima. O organismo interadministrativo acaba de adxudicar a obra á empresa Murúa, S.C., por un orzamento global de 21.041,40 euros.

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local fai un chamamento a condutores e condutoras para evitar as distraccións ao volante

20/12/2017

A Policía Local de Santiago fai un chamamento aos condutores e condutoras para que eviten as distraccións ao volante, que cada vez causan máis accidentes de tráfico. No que levamos de ano, rexistráronse 632 denuncias por distraccións, e en 2016 foran 707. Falamos, ademais, de infraccións graves, que implican unha sanción de 200 euros, e a perda de 3 puntos do carné.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Teatro Principal acolle dúas representacións de "Nacidas libres"

20/12/2017

Tras o éxito de As do peixe, e seguindo cunha liña de traballo arredor da indagación, a reflexión e o teatro do documento, a compañía galega Contraproducións, conducida por Cándido Pazó e Belén Pichel, volve a Santiago con Nacidas libres. A nova peza, con texto de Pazó, dirección de Marta Domínguez e interpretación de Mónica Caamaño, Rocío González, Susana Dans e Casilda Alfaro, ten dúas funcións programadas no Teatro Principal: o xoves...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Homenaxe teatral e floral a Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos"

20/12/2017

O IES Rosalía de Castro acolleu a representación O vello dos contos volta a Compostela, nunha homenaxe ao que fora o primeiro autor radiofónico de Galicia, Xosé Mosquera Pérez. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou neste acto, no que tamén se anunciou a creación, para o curso 2018-2019, do I Premio Xosé Mosquera Pérez de Radioteatro. A lembranza completouse cunha parada na que fora a casa do homenaxeado, na rúa do Franco, e cunha ofrenda floral nos xardíns de Mosquera...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reivindica a colaboración entre as institucións no acto de presentación do proxecto da estación intermodal

20/12/2017

O alcalde participou este mediodía no acto de presentación do proxecto da estación intermodal, celebrado na Cidade da Cultura. Martiño Noriega mostrouse convencido de que a infraestrutura "colocará a Santiago no século XXI en materia de mobilidade, ao tempo que mellorará a conectividade entre os barrios composteláns do Ensanche e da Pontepedriña".

Ler máis
Compartir: