CONSORCIO

A RFG pon en directo a banda sonora aos filmes mudos "Carmen", de Cecil B. DeMille, e "Parodia de Carmen", de Charles Chaplin

08/11/2017

No marco da 31ª edición do festival Cineuropa, mañá xoves proxectaranse os filmes Carmen, de Cecil B. DeMille, e Parodia de Carmen, de Charles Chaplin. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección destas películas mudas, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo as súas bandas sonoras. A batuta levaraa o director e compositor estadounidense, experto en cinema mudo, Timothy Brock, autor ademais da música do filme de Chaplin. E...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

En marcha o XIV Simposio "O libro e a lectura"

08/11/2017

Este mércores comezou na Sede Afundación de Santiago o XIV Simposio "O libro e a lectura. O libro ilustrado: outra forma de ler?", organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e a Asociación Galega de Editores (AGE), coa colaboración da Asociación de Autores e Editores de Libros, Revistas, Periódicos e Partitura (CEDRO) e a Deputación da Coruña. Neste encontro, que terá outra xornada mañá xoves, debátese sobre a importancia do libro ilustrado e a ilustración como...

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

O Centro Cívico do Romaño-Vista Alegre abre as súas portas

08/11/2017

O Centro Cívico do Romaño-Vista Alegre abriu as súas portas este mércores cun acto inaugural presidido polo alcalde, Martiño Noriega. Pola mañá, a concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, visitara o edificio acompañada por un dos arquitectos autores do proxecto, Gonzalo Alonso, e polo presidente da asociación de veciños do barrio, Juan Pena.

Ler máis

DEPORTE

San Lázaro será este domingo o escenario do XVII Trofeo Concello de Santiago de Ciclocross

08/11/2017

A concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou este martes os detalles do XVII Trofeo de Ciclocross Concello de Santiago, que terá lugar este domingo, 12 de novembro, nos exteriores do Estadio Municipal de San Lázaro. Na rolda de prensa estivo acompañada do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e do presidente do Club Ciclista Muebles Compostela, Manuel Paz.

Ler máis

ALCALDÍA

Un recital, charlas, música e vídeo para inaugurar este xoves a Casa das Mulleres "Xohana Torres"

08/11/2017

A Casa das Mulleres "Xohana Torres" será aberta ao público mañá xoves nun acto presentado pola poeta e actriz Lara Rozados e ao que asistirán asistirán o alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois. Estará presente tamén Andrea Ellacuría Torres, filla de Xohana Torres, de quen a Casa toma o nome. Haberá un recital con poetas galegas, unha charla, música e a proxección do traballo As donas dos mapas. O programa arrancará ás 18:00 horas.

Ler máis

CONSORCIO

O trompetista principal da Sinfónica de Sevilla, o galego José Forte, impartirá clases a intérpretes noveis

08/11/2017

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do trompetista galego José Forte, que é o primeiro ex-alumno da Escola que ofrece clases no centro. Xunto ao/ás estudantes da EAEM, tamén poden asistir músicos/as...

Ler máis

TURISMO

Santiago promociónase na feira turística máis importante do Reino Unido

08/11/2017

Turismo de Santiago está a promocionar a cidade na World Travel Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que ten lugar en Londres entre o 6 e o 8 de novembro. Nesta feira participan máis de 50.000 profesionais do sector. Arredor do 50% deles son británicos, pero tamén hai unha importante presencia de profesionais europeos e asiáticos.

Ler máis
Compartir: