POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase ao Día Mundial da Infancia con diversas actividades para centros escolares

17/11/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou este venres as actividades que levará adiante o Concello con motivo do Día Mundial da Infancia. Xunto a Concha Fernández estiveron Marta Andrade, de Unicef Galicia, e Alejandro Quiñoá, da Asemblea de Cooperación pola Paz (ACP). Un dos actos principais será a celebración este luns 20 de novembro, ás 11:00 horas, no Pazo de Raxoi, dun pleno infantil.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Iniciada a licitación das obras de reurbanización da rúa das Cancelas

17/11/2017

A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación das obras de reurbanización da rúa das Cancelas, no contorno da subestación eléctrica. Trátase dunha actuación na que se van investir algo máis de 200.000 euros, e que, tal e como lembrou o alcalde, "responde a unha demanda histórica da veciñanza".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Cineuropa rende homenaxe a Costa-Gavras

17/11/2017

O cineasta franco-grego Costa-Gavras recibirá este sábado o Premio Cineuropa pola "capacidade que o seu cinema posúe para recolocarse unha e outra vez na máis ardente disidencia" e o seu incisivo labor de cronista dos grandes conflitos políticos e sociais do mundo occidental, que concorda plenamente co leit-motiv desta edición. A cita con Costa-Gavras será ás 19:30 horas no Teatro Principal. O acceso é gratuíto previa retirada de convite no despacho de billetes do mesmo Principal. Un día antes da...

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Santiago comparte no Congreso REDEL as experiencias locais en economía circular

17/11/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou esta mañá do Congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local" (REDEL) sobre a aplicación de novos modelos económicos ao eido local. O Congreso está dirixido a todas as entidades e profesionais que traballan por e para o desenvolvemento local, dende o ámbito público e privado, co obxectivo de analizar tendencias e compartir coñecemento e experiencias que se están a realizar nos municipios e comarcas participantes.

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local detén un menor cando intentaba roubar no interior dun vehículo

17/11/2017

A Policía Local vén de deter un mozo menor de idade, cando intentaba roubar no interior dun vehículo na rúa Agustín Sixto Seco do Castiñeiriño. O rapaz foi sorprendido cando lanzaba unha pedra contra o cristal do turismo por un axente de paisano que o viña seguindo tras comprobar que estaba observando o interior dos coches estacionados na rúa coa lanterna do seu móbil.

Ler máis
Compartir: