MOCIDADE

En marcha a segunda edición das Aulas de Educación Canina

06/10/2017

A concelleira de Mocidade Noa Morales, presentou a segunda edición das Aulas de Educación Canina, que se impartirán durante este último trimestre do ano. Xunto a ela estiveron Iria Pérez e María Sabel, do club"Só lles falta falar", entidade encargada da actividade, xurdida no marco dos orzamentos participativos de Mocidade. A participación é de balde.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde inaugura o Foro de Cooperación Sino-Europea

06/10/2017

O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a apertura do Foro sobre a Cooperación Sino-Europea, que organizan o IGADI e a Academia de Ciencias Sociais da China, en colaboración con Casa Asia. No evento vanse analizar as oportunidades que representa para Galicia e para Europa a Ruta da Seda, coa que China pretende construír unha rede comercial e de infraestruturas entre Asia e Europa que supere as antigas vías comerciais.

Ler máis

LINGUA

Teatro, música e moitos títeres na programación de outubro do Apego

06/10/2017

Outubro está cheo de actividades para nenos e nenas co programa Apego. O calendario deste mes concede especial protagonismo aos títeres, con varios espectáculos no marco do XXII Festival Internacional de Títeres Galicreques. Pero tamén haberá xogos, música e un obradoiro sobre crianza e bebeteca.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aberto expediente sancionador á empresa das obras de Vista Alegre polos atrasos na execución

06/10/2017

A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar cadanseu expediente sancionador á empresa responsable das obras de Vista Alegre polos atrasos na execución dos traballos correspondentes ás Fases I e II do proxecto. O contratista Eulogio Viñal terá un prazo de 15 días hábiles para presentar as súas alegacións, antes de que se fixen as penalidades correspondentes.

Ler máis
Compartir: