PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio, no XI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial

19/10/2017

As Cidades Patrimonio da Humanidade están representadas no XI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. As reunións celébranse do 18 e 20 de outubro na Serra de Tramuntana, en Mallorca. En total, un centenar de profesionais de diferentes administracións e institucións públicas e privadas, representan os 46 bens españois inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Instalados na praza Roxa catro iglús rosa da campaña solidaria "Recicla vidro por elas"

19/10/2017

O Concello e a entidade sen ánimo de lucro Ecovidrio veñen de instalar catro iglús de cor rosa para a reciclaxe de vidro na praza Roxa. Alí permanecerán mentres dure a campaña de loita contra o cancro "Recicla vidro por elas". O obxectivo desta iniciativa é mobilizar a cidadanía a que recicle vidro, contribuíndo á vez cunha causa solidaria como é a loita contra o cancro de mama. Por cada quilo de envases recollido doarase un euro á Fundación Sandra Ibarra.

Ler máis

CONSORCIO

Sabela García Fonte asume unha "responsabilidade fermosa" como directora técnica da Real Filharmonía

19/10/2017

A nova directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, a galega Sabela García Fonte, presentábase esta mañá aos medios de comunicación. Ao acto asistiron, ademais da propia directora técnica, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; o director titular e artístico da orquestra, o mestre británico Paul Daniel, que presidiu o tribunal que avaliou aos candidatos a este posto; e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Comezan este venres os "Almorzos do bo facer"

19/10/2017

Co título de "Fala-Escoita", mañá venres, de 9:00 a 11:00 horas, celebrarase o primeiro dos Amorzos do bo facer. Este primeiro almorzo busca crear sinerxias de entendemento entre cooperativas e iniciativas semellantes. Búscase a creación dunha lista con propostas de colaboración entre elas, que logo irán dirixidas ao Concello para que poidan ser materializadas no seo da comunidade. Os Almorzos do bo facer terán lugar durante este último trimestre do ano.

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno fai públicas na web municipal as axendas institucionais de todos os concelleiros e concelleiras

19/10/2017

O Goberno local vén de dar un novo paso para mellorar a transparencia do Concello de Santiago, coa publicación na web municipal das axendas institucionais de todos os concelleiros e concelleiras. O primeiro en facer pública a súa axenda diaria foi o alcalde, Martiño Noriega, e posteriormente fóronse sumando a esa boa práctica todos e todas as concelleiras do grupo de Goberno.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Primeira reunión en Compostela do proxecto europeo Wom@rts

19/10/2017

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, abriu esta mañá a sesión inaugural do proxecto Wom@rts. Women’s Equal Share of Presence in Arts and Creative Industries, unha iniciativa de investigación e acción cultural que coordina o Auditorio de Galicia e na que participan numerosas institucións, entidades e axentes do ámbito europeo, como o Centre Audiovisuele Simone de Beauvoir e a Communauté d’Agglomération dun Grand Angoulême (Francia) o Limerick Institute of Technology (Irlanda), o Hay Festival of...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Galicreques achegaralle este venres ao público familiar os clásicos "Macbeth" e "El Quijote"

19/10/2017

O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE e o INAEM, continúa este venres cun total de sete funcións, entre as que destacan as obras Mi primer Quijote, dos aragoneses Teatro Arbolé, e Macbeth. Ya somos el olvido que seremos, dos leoneses de Alauda Teatro. Ademais, o festival instalará unha carpa no Paseo Central da Alameda para acoller diversas...

Ler máis

PLENO

O Concello esíxelle á Xunta unhas instalacións para a Escola Oficial de Idiomas acordes ás necesidades de Santiago de Compostela

19/10/2017

O Pleno da Corporación aprobou este xoves unha declaración institucional na que lle esixe á Xunta de Galicia a dotación dunhas instalacións para a Escola Oficial de Idiomas, acordes en tamaño e dotación á demanda do centro. O texto acordado polos catro grupos municipais sinala que, se é preciso, o Concello porá a disposición do Goberno galego unha parcela municipal para acoller o edificio, que podería ser a que xa foi ofertada no seu día en Santa Marta ou calquera outra.

Ler máis
Compartir: