EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello e Viaqua forman á poboación escolar de Santiago sobre o ciclo natural e urbano da auga

23/01/2017

A Concellaría de Educación e Cidadanía e Viaqua poñen en marcha varias propostas educativas para este curso 2016-2017, co obxectivo de lograr unha maior concienciación dos nenos e nenas sobre o uso responsable da auga e o coidado do medio ambiente. Destacan o programa Aquoloxía e as visitas didácticas á EDAR e á ETAP, que se suman á exposición H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade, actualmente aberta na Alameda.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Máis de 30 concertos encherán Compostela de música no Santiautor 2017

23/01/2017

O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe a "edición máis ambiciosa" das que se teñen celebrado ata o de agora do Santiautor. Foi nunha rolda de prensa na que participaron o director do festival, Suso Peón; o seu director artístico, Miguel Lueiro; e Rosa Cedrón, unha das artistas que participarán no Santiautor 2017. Entre o 3 de marzo e o 30 de maio, ao abeiro deste ciclo poderemos asistir a 32 concertos, tanto de artistas consolidados no panorama musical como de novas promesas.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde, moi satisfeito coa boa acollida da proposta para darlle ao aeroporto o nome de Rosalía de Castro

23/01/2017

O alcalde mostrou hoxe o seu agradecemento a todas as entidades que están expresando o seu apoio á proposta para que o aeroporto de Santiago leve o nome de Rosalía de Castro, dende a aprobación dunha declaración institucional ao respecto no Pleno da Corporación do pasado xoves. Martiño Noriega explicou que o Concello daralle traslado do acordo ao Ministerio de Fomento e a AENA, de quen depende o cambio de denominación.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

Aberta ao tráfico dende este luns a avenida de Coímbra

23/01/2017

Este mediodía quedou aberta ao tráfico a avenida de Coímbra, despois das obras de reforma que se executaron na rúa dende finais de outubro. Os traballos, financiados con cargo aos remanentes dos presupostos de 2015, contaron cun orzamento de 60.434,24 euros, IVE incluído.

Ler máis
Compartir: