FESTAS

Comeza o Apóstolo 2016 co pregón de Anxo Carracedo e a música de Deolinda

14/07/2016

Na noite de mañá venres comezan as festas do Apóstolo, co tradicional pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi. Desta vez, o elixido para abrir os festexos foi Anxo Carracedo, en recoñecemento á súa traxectoria profesional e á súa valía persoal. O concerto de Deolinda e a xornada de xogos populares na Alameda completarán a primeira xornada festiva.

Ler máis

RELACIÓNS VECIÑAIS

Este venres ábrese o prazo para a solicitude de "axudas en especie" para carpas e actividades de apoio ás festas patronais

14/07/2016

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria de subvencións "en especie" para a instalación de carpas en eventos veciñais e para actividades en apoio das festas patronais en barrios en parroquias. A iniciativa está dirixida a todas as asociacións de veciños legalmente constituídas no Concello de Santiago, e no seu defecto ás comisións de festas. En último caso poderá acollerse á convocatoria calquera outra entidade constituída xuridicamente.

Ler máis

CONVIVENCIA

Os concellos da Mancomunidade seguen estudando vías de colaboración

14/07/2016

Os concellos da Mancomunidade da Comarca de Compostela seguen explorando vías de colaboración, unha vez reactivado este órgano no pasado mes de maio, tras máis de catro anos sen terse celebrado ningunha reunión do seu plenario. Onte tivo lugar unha xuntanza da Comisión Mixta creada para abordar cuestións de interese para os sete municipios membros, que non estean relacionadas coas emerxencias ou coas contas da mancomunidade. A reunión estivo presidida polo concelleiro compostelá de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e contou...

Ler máis

FESTAS

A Banda Municipal réndelle homenaxe a Los Tamara nas festas do Apóstolo

14/07/2016

A Banda Municipal de Música sumarase o domingo á programación das festas do Apóstolo cun concerto moi especial, no que lle renderá homenaxe a Los Tamara. Será a partir das dez da noite na praza da Quintana e con entrada libre. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra e o director da Banda, Casiano Mouriño, presentaron hoxe esta proposta, nunha rolda de prensa na que tamén participaron Rosa Cedrón e Paco Lodeiro, dous dos tres cantantes solistas que participarán no recital. O terceiro será Miguel...

Ler máis
Compartir: