ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal ofrece de Música ofrece dous concertos esta semana

09/06/2016

A Banda Municipal de Santiago ofrecerá a todo o seu público dous concertos esta semana: a súa tradicional actuación dos xoves na praza das Praterías, ás 20:00 horas, e un concerto o sábado 11, ás 13:15 horas, no barrio do Castiñeiriño, con motivo das festas de San Antón.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago crea unha ferramenta para coñecer en tempo real a dispoñibilidade de prazas nos establecementos hostaleiros

09/06/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a directora-xerente en funcións de Turismo de Santiago, Yolanda Ferro, presentaron a DispoApp, unha nova ferramenta electrónica concibida integramente por Turismo de Santiago para poder informar en tempo real nas oficinas de información turística sobre a dispoñibilidade de prazas nos establecementos hostaleiros da cidade.

Ler máis

LINGUA

Nikis e Queroté, tendas protagonistas das imaxes gañadoras do #fotolingua

09/06/2016

Xa temos gañadores do concurso #fotolingua, organizado polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago para darlle visibilidade aos establecementos comerciais que fan uso do galego. O alcalde, Martiño Noriega, fixo entrega esta mañá dos agasallos nas dúas tendas protagonistas das imaxes vencedoras da campaña.

Ler máis

TRANSPARENCIA

A Ordenanza de Transparencia, a exposición pública ata o vindeiro 1 de xullo

09/06/2016

O Boletín Oficial da Provincia vén de dar conta da aprobación inicial da Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos da administración do Concello de Santiago. Despois desta publicación, ata o próximo 1 de xullo estará aberto o prazo para presentar as reclamacións e suxestións que se consideren oportunas. De non habelas, o texto entenderase aprobado definitivamente.

Ler máis
Compartir: