ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello asina un convenio con FEAFES para a cesión de tres vivendas

22/06/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asinou esta mañá un convenio coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), representada polo seu presidente, José Ramón Girón. Esta entidade é unha das que participa na Mesa de traballo e coordinación sobre as persoas sen teito.

Ler máis

CONVIVENCIA

Compostela celebrará a noite de San Xoán con máis de 60 cacharelas públicas

22/06/2016

Santiago vai celebrar por todo o alto a noite de San Xoán, e como é habitual serán centos as cacharelas públicas e privadas que se celebrarán por todo termo municipal. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe das autorizacións tramitadas, nunha rolda de prensa na que o xefe dos Bombeiros lembrou a importancia de cumprir as normas de seguridade para estas fogueiras.

Ler máis

CONSORCIO

Este domingo, último día para percorrer a exposición de fotografías de Xurxo Lobato sobre Rosalía de Castro na Casa do Cabido

22/06/2016

Baixo o título Airiños Aires, Rosalía, a Casa do Cabido, na praza das Praterías, acolle dende principios de abril unha exposición de instantáneas na que o fotógrafo Xurxo Lobato rende homenaxe á ilustre poetisa. Este domingo, 26 de xuño, é o último día para percorrer a mostra, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas e o domingo de 11:00 a 14:00 horas. Durante estes meses visitaron a exposición unhas 5.500 persoas.

Ler máis

TURISMO

Marta Lois apunta o turismo deportivo como alternativa á estacionalidade

22/06/2016

A concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asistiu no Pazo de Altamirá á presentación dunha tese doutoral sobre o gasto que realizan os asistentes aos partido do Obradoiro. O estudo, realizado por Jesyca Salgado, profesora do Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo, leva por título Repercusión do turismo de eventos deportivos dende a óptica dos patróns de gasto e o impacto económico: aplicación a unha liga profesional e está baseado nos partidos...

Ler máis
Compartir: