CONSORCIO

Santiago Auserón ofrece este mércores un concerto xunto á Real Filharmonía de Galicia

14/06/2016

Mañá mércores, 15 de xuño, o cantante e compositor Santiago Auserón ofrecerá un concerto xunto á Real Filharmonía de Galicia, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Esta mañá, o artista presentaba este proxecto en rolda de prensa, xunto ao alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Santiago de Compostela participa na creación do Grupo de Traballo sobre Industrias Culturais e Creativas de Redel

14/06/2016

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa en Madrid na xornada de creación do Grupo de Traballo sobre Industrias Culturais e Creativas, Branca Noveneyra. A xornada celébrase este martes na Factoría Cultural de Madrid. O obxectivo do novo grupo é poñer en valor as posibilidades que ofrecen as industrias culturais e creativas para o desenvolvemento local.

Ler máis
Compartir: