DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Un pasarrúas, a degustación de sopas e o concerto de Cuchús Pimentel e Vigo Distrito Flamenco animaron o mercado de Salgueiriños

22/12/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou este xoves o mercado de Salgueiriños para participar no Efecto Proximidade, que se celebra por segundo ano consecutivo nestas datas. Marta Lois destacou "a importancia que este tipo de eventos teñen como dinamización do mercado".

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe os responsables de Cáritas

22/12/2016

O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse hoxe no Pazo de Raxoi co director de Cáritas Diocesana-Santiago, José Anuncio Mouriño, e co seu delegado episcopal, Jesús García. A xuntanza serviu para analizar posibles vías de colaboración entre o Concello e a entidade, sobre todo no que ten que ver coa atención ás persoas sen fogar.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde felicitou o Nadal ao persoal municipal e aos xubilados/as neste 2016

22/12/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu a tradicional recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo. Ademais, este ano fíxose coincidir este acto coa tradicional entrega de placas ás persoas xubiladas en 2016, de xeito que puideron recibir a homenaxe dos compañeiros e compañeiras cos que compartiron tantos anos.

Ler máis
Compartir: