XUNTA DE GOBERNO

O edil Xan Duro asume as delegacións de licenzas e disciplina urbanística

02/12/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a proposta de Alcaldía de deixar sen efectos as delegacións do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, relativas ao exercicio da potestade sancionadora e á concesión de calquera tipo de licenzas. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que deste xeito "se atendeu a solicitude realizada polo propio Jorge Duarte despois de recibir onte o auto no que é citado para declarar como investigado nas dilixencias previas abertas en relación a uns expedientes a locais de...

Ler máis

COMERCIO

Arranca este sábado o Mercado de Nadal, que contará con 79 expositores

02/12/2016

O Mercado de Nadal de Compostela abre mañá sábado ao público na rúa Carreira do Conde e estará aberto ata o vindeiro 5 de xaneiro. Así o anunciou a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, quen avanzou que "este ano se presentaron 107 solicitudes, 21 máis que o ano pasado, e haberá finalmente un total de 79 expositores, superando en 23 a cifra do ano pasado".

Ler máis

TURISMO

Última fin de semana de Santiago(é)tapas

02/12/2016

Este domingo remata a novena edición de Santiago(é)tapas, que ofrece a posibilidade de probar e valorar as 104 tapas nos 68 locais participantes. Este ano, a votación popular ten grande importancia, xa que será a responsable de decidir tres premios: o primeiro Premio Tapa do Público 2016, dotado con mil euros; o segundo premio, dotado con 500 euros en produtos; e o Premio (É)xcelente 2016, para o local con mellor servizo integral. O gañador do primeiro premio, ademais, será o representante de Santiago no evento De...

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Uns 150 nenos e nenas descobren o bosque secreto do Banquete de Conxo

02/12/2016

O Centro Sociocultural de Santa Marta acolleu unha charla de Quique Alvarellos para o alumnado dos centros de ensino de Conxo e Santa Marta sobre a historia do bosque no que se celebrou o Banquete de Conxo en 1856. A charla foi a última das accións en centros formativos do programa de educación para o consumo e promoción comercial Andar aos recados, que ten por obxectivo concienciar á cidadanía, especialmente ao alumnado escolar, sobre o consumo responsable, ao tempo que dinamice o tecido comercial de proximidade.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE

Compostela súmase á celebración do Día Internacional da Diversidade Funcional

02/12/2016

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, data que se conmemora dende a aprobación da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade no ano 2006. Este tipo de días serven para conmemorar, reivindicar e exixir o respecto dos dereitos das persoas con diversidade funcional, comezando polo dereito a unha inclusión social plena e a práctica dunha vida independente.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago e A Coruña continúan a por en valor o Camiño Inglés

02/12/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os participantes no I Encontro Internacional do Camiño Inglés. No acto tamén participaron representantes dos catro grupos municipais; o concelleiro de Emprego e Economía Social da Coruña, Alberto Lema, e o deán da Catedral, Segundo Pérez, entre outros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a Oferta de Emprego do Concello para 2016

02/12/2016

A Xunta de Goberno ratificou hoxe a proposta da concelleira delegada de Economía e Facenda relativa á aprobación da Oferta de Emprego de 2016, a primeira que se aproba dende ao ano 2008. Entre a relación de postos de traballo que se van convocar, e que xa foi previamente aprobada polo Pleno da Corporación, figuran 17 prazas de quenda libre e 29 de promoción interna.

Ler máis
Compartir: