ALCALDÍA E CONVIVENCIA

A Policía Local de Santiago estrea nove vehículos

16/11/2016

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Mobilidade, Xan Duro, presentaron hoxe os novos coches da Policía Local, nun acto no que participou tamén o inspector principal do Corpo, José Manuel Traba. A incorporación destes vehículos era unha vella demanda da Policía Local, que viña utilizando un parque móbil moi envellecido e con moito uso.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello e Tropa Verde súmanse á Semana Europea da Prevención de Residuos

16/11/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe a actividade que o Concello vai desenvolver en colaboración coa Tropa Verde, para sumarse á celebración da Semana Europea da Prevención de Residuos. Foi nunha rolda de prensa na que Xan Duro estivo acompañado por Iago Elizechea e Marta Morán, representantes da empresa Teimas Desenvolvemento, que xestiona a Tropa Verde.

Ler máis

TURISMO

Santiago de Compostela, unha das cidades máis inspiradoras do mundo

16/11/2016

A axencia de viaxes online TravelBird acaba de publicar un estudo sobre as cidades máis inspiradoras do mundo. Nesa clasificación, Santiago de Compostela sitúase como a sexta cidade do mundo, a cuarta de Europa e a primeira de España. Esta clasificación utiliza oito criterios asociados coa innovación e a creatividade para permitir aos viaxeiros a elixir a súa mellor próxima aventura.

Ler máis

TURISMO

Lufthansa anuncia novas conexións dende Santiago con Frankurt e Múnich

16/11/2016

Lufthansa aposta por Galicia contribuíndo ao desenvolvemento actual do aeroporto de Santiago con catro novos voos semanais. A aerolínea xermana conectará Santiago de Compostela tres veces por semana co seu hub internacional de Frankfurt e unha vez por semana co de Múnich. Desta forma, promoverá o tráfico de pasaxeiros de entrada e saída, mellorando así as conexións entre Galicia e os seus destinos en todo o mundo.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde expresa o pesar da Corporación polo pasamento de Fran Pérez, Narf

16/11/2016

O alcalde de Santiago quixo expresar hoxe o pesar do conxunto da Corporación pola morte de Fran Pérez, Narf. Martiño Noriega sinalou que o músico, que pasou boa parte da súa vida en Compostela, "era patrimonio de toda a cidade e déixanos un gran legado". O rexedor adiantou que proporá a aprobación dunha declaración institucional de pésame no pleno ordinario do mes de novembro, que se celebrará mañá xoves.

Ler máis

EQUILIBRIO TERRITORIAL

Avanzan as obras na rúa das Rodas

16/11/2016

O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial anunciou hoxe que as obras de reparación da rúa das Rodas teranse que prolongar previsiblemente ata comezos da semana que vén. Rafael Peña explicou que "finalmente foi preciso picar todo o formigón do carril de baixada, que se atopaba en moi mal estado, e estase facendo un esforzo traballando a dobre quenda para respectar os prazos".

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega solicita a mediación da Xunta ante o Ministerio de Xustiza para que Santiago teña un novo Xulgado do Social

16/11/2016

O alcalde de Santiago remitiulle esta mañá unha carta ao presidente da Xunta, para solicitarlle a súa mediación ante o Ministerio de Xustiza para que Santiago conte cun novo Xulgado do Social. Foi despois de que a comisión mixta constituída polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta decidira onte excluír esa Sala no reparto dos novos xulgados cos que contará a nosa comunidade. Martiño Noriega trasladoulle a Alberto Núñez Feijóo a súa preocupación e a do conxunto do Concello,...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa estrea "Toni Erdmann", premio FIPRESCI no Festival de Cannes

16/11/2016

Considerada por José Luis Losa, director de Cineuropa, como a película revelación do ano, Toni Erdmann, terceira longametraxe de Maren Ade, chega á pantalla do Teatro Principal ás 20:00 horas deste xoves. No programa do festival desta xornada tamén destaca o concerto da Real Filharmonía de Galicia, que porá música ao filme Metróplis no Auditorio a partir das 20:30 horas.

Ler máis

CONSORCIO

Varios grupos de escolares visitaron este mércores a exposición de fotografías en 3D de Santiago e da Catedral na Casa do Cabido

16/11/2016

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en tres dimensións da cidade de Santiago e da Catedral do estereógrafo coruñés Enrique Criado. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na praza das Praterías, e para a visualización destas fotografías empréganse lentes con filtro de cor.

Ler máis
Compartir: