CENTROS SOCIOCULTURAIS

Accións específicas para os usuarios máis novos dos centros socioculturais

22/03/2012

O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou unha serie de actividades destinadas aos usuarios máis novos dos centros socioculturais. Agrúpanse baixo o nome de Rapazada móbil e inclúen un curso para a mellora das habilidades de comunicación, outro de iniciación malabar e unha sesión de coaching, ademais cun curso de curtas co móbil.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Vinte inmigrantes de dez nacionalidades fórmanse na UAMI para a integración

22/03/2012

A Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, está a realizar un Curso de formación para a integración. Nas sesións, que comezaron o martes 20 de marzo e rematarán o martes 27, participan 20 inmigrantes extracomunitarias de dez nacionalidades diferentes.

Ler máis

CULTURA

Aerolíneas Federales,un dos regresos máis esperados do ano, no Compostela Rock

22/03/2012

Aerolíneas Federales protagoniza darán o seu concerto presentación en Galicia o 19 de abril, ás 21:00 horas, na Sala Capitol, dentro do Compostela Rock, no que é un dos regresos máis esperados do ano. Así o anunciaron en rolda de prensa o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Miguel Costas, Silvino Díaz e Coral Alonso, integrantes do grupo.

Ler máis

ALCALDÍA

O Centro do Patrimonio Mundial urxirá a Icomos para que axilice os seus dictames sobre as actuacións nas cidades españolas

22/03/2012

Unha representación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, encabezada polo seu presidente e alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, foi recibida en París polo director do Centro do Patrimonio Mundial da Unesco, Kishore Rao. A delegación trasladoulle a este a intención do Grupo de colaborar coa Unesco en relación coa protección do patrimonio.

Ler máis
Compartir: