POLÍTICAS SOCIAIS E DEPORTE

O ciclismo inclusivo chega a Santiago da man dunha nova edición da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics

01/10/2018

A edila de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe dunha nova edición da Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade intelectual que organiza Special Olympics Galicia. Na presentación da iniciativa estivo acompañada polo xerente de Special Olympics Galicia, Antonio Fuentetaja, e o deportista de ASPAS, Jesús Cabo.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal inaugura o curso cunha Gala Lírica en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera

01/10/2018

A Banda Municipal de Música de Santiago inicia o Ciclo de Outono este sábado cunha "Gala Lírica & Antoloxía de Zarzuela". Presentárona esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director da Banda, Casiano Mouriño; e Jesús Couceiro, presidente da Asociación de Amigos da Ópera, xa que o evento faise en colaboración coa asociación.

Ler máis

CONSORCIO

O 15 de outubro remata o prazo para inscribirse nas probas de acceso ao Curso de Especialización Instrumental 2018-2019 da EAEM

01/10/2018

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2018-2019. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse en diversos instrumentos. Na convocatoria do pasado mes de xuño non se cubriron as especialidades de violín, violoncello e contrabaixo, polo que se pon en marcha unha convocatoria extraordinaria.

Ler máis
Compartir: