IGUALDADE

Continúa aberto ata o 31 de decembro o prazo de presentación de traballos ao II Premio Xohana Torres

28/11/2017

O prazo para a presentación de orixinais ao II Premio Xohana Torres, de ensaio e creación audiovisual sobre a memoria histórica das mulleres de Compostela, segue aberto ata o 31 de decembro. O galardón, convocado pola Concellaría de Igualdade, recoñece aqueles traballos que exploran a participación social e política de mulleres compostelás e a reconstrución da súa memoria histórica. Ao certame poden presentarse ensaios literarios ou científicos ou traballos audiovisuais.

Ler máis

CONSORCIO

Jonathan Webb ponse esta semana á fronte da Real Filharmonía de Galicia

28/11/2017

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar mañá mércores, día 29, na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O xoves, a orquestra desprazarase a Vigo, onde tocará no Teatro Afundación, tamén ás 20:30 horas. A batuta de ambos concertos levaraa o principal director convidado da agrupación, o mestre londinense Jonathan Webb.

Ler máis

COMERCIO

O Mercado de Nadal e a pista de xeo abrirán este sábado 2 de decembro

28/11/2017

A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e a técnica de Comercio Lucía Castro, presentaron o Mercado de Nadal, que abrirá este sábado 2 de decembro e permanecerá instalado ata o 6 de xaneiro. En total haberá 87 expositores, 22 máis que o ano pasado, na mesma localización, a rúa Carreira do Conde.

Ler máis

CONSORCIO

"Nemo e Sabela polos parques de Compostela", un conto infantil que amosa as historias agochadas tras os espazos verdes da cidade

28/11/2017

O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións acaban de publicar Nemo e Sabela polos parques de Compostela, un conto infantil que amosa as historias que se agochan tras os espazos verdes máis emblemáticos da cidade. É unha obra de Paco López-Barxas, con ilustracións de Isabel Pintado. Presentábase esta mañá na sede do Consorcio, coa presenza, ademais dos autores, do alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Alberto San Juan presenta "Masacre" no Teatro Principal

28/11/2017

O novo proxecto de Teatro del Barrio preséntase mañá mércores no Teatro Principal. Alberto San Juan escribe, dirixe e interpreta esta aceda crítica aos procederes das elites españolas pola que transitan persoeiros como Emilio Botín, Esther Koplowitz, José María Aznar, Adolfo Suárez ou Francisco Franco. Ao seu carón, a actriz catalá Marta Calvó co-protagoniza este espectáculo que convida a ollar a historia contemporánea dende unha perspectiva crítica.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O circo-teatro de Tresperté desembarca no Auditorio de Galicia con "Oopart"

28/11/2017

A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia convértese este venres en pista circense para acoller a fantasía e as acrobacias de Oopart, o último traballo da compañía andaluza Tresperté. O espectáculo, con dirección e creación de Antonio J. Gómez e música de Iván Monje, propón unha aventura a través do tempo, unha imaxinativa viaxe entre risos e brincadeiras que promete engaiolar ao público grande e miúdo.

Ler máis
Compartir: