TURISMO

Promoción das Cidades Patrimonio na Feira de Turismo de Singapur

26/10/2017

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade participa na Feira ITB Asia 2017, que se celebra do 25 ao 27 de outubro na cidade de Singapur. A Feira ITB é un encontro profesional de turismo (B2B), organizado por Messe Berlin, que celebra a súa décima edición consolidado xa coma un dos puntos de encontro máis importante para reunións e negocio no sector do turismo do Sueste Asiático e Pacífico, abranguendo os mercados de ocio, corporativo e turismo de reunións, incentivos, congresos e exposicións.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela sumouse á celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido

26/10/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e outros representantes dos catro grupos municipais asistiron á lectura do manifesto co gallo do Día do Dano Cerebral Adquirido. O acto foi convocado pola Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Sarela, e introducido polo presidente da entidade, José Balboa.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O Centro Sociocultural de Vite acolle unha Xornada do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas

26/10/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, xunto co coordinador da Asociación Galega de Axuda á Adopción (Manaia), Antón Mouriz, presentaron a Xornada do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas. A xornada celebrarase o sábado 28 de outubro, ás 11:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite, onde impartirá unha charla o psicólogo José Luis Gonzalo Marrodán.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A 31ª edición de Cineuropa pon o foco nas revolucións e reivindica o cinema como experiencia colectiva

26/10/2017

O 100º aniversario da Revolución de Outubro de 1917 convértese nunha das chaves da programación da 31ª edición Cineuropa. O festival, que este ano ocupará as pantallas compostelás do 7 ao 28 de novembro, propón un ciclo temático que, baixo o título Novecento: o século das revolucións, reúne unha ampla escolma de filmes capitais para a unha reflexión crítica do devir internacional do século XX.

Ler máis
Compartir: