ACCIÓN CULTURAL

Amal 2017 ofrecerá a estrea en España de dous documentais e un filme de ficción

11/10/2017

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou este mércores na presentación da décimo quinta edición da Semana de Cine Euroárabe, Amal 2017, que se celebrará do 23 ao 27 de outubro no Teatro Principal. No acto participaron tamén o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e director do Festival, Ghaleb Jaber Martínez, e o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Ler máis

MANTEMENTO E OBRAS

O Concello plantará especies autóctonas na zona de Lamas de Abade na que se tallaron eucaliptos

11/10/2017

O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial explicou hoxe en rolda de talla de árbores levada a cabo polo seu Departamento en Lamas de Abade, entre as rúas Divina Pastora e Raiola. Rafael Peña incidiu en que a actuación se levou a cabo para atender aos requirimentos presentados polos responsables de dous centros próximos, a gardería Raiola e a sede de Aspanaes, e "atendendo ao risco de incendio que supuñan os piñeiros, eucaliptos e enorme cantidade de maleza acumulada na parcela, de titularidade...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Nacen os "Almorzos do Bo Facer" como espazo de encontro para as cooperativas compostelás

11/10/2017

O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo vén a dar continuidade ás I Xornadas de Economía Social e Colaborativa realizadas con grande éxito de público no ano 2016, creando un espazo distintivo no Cersia Empresa para a reflexión e a formación nas posibilidades da economía social e as novas economías centrada nas persoas como motores de cambio.

Ler máis

DEPORTES

Angrois acolle este sábado a segunda proba do CorreSan 2017

11/10/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou a segunda carreira da VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Trátase da Ruta da Prata-Angrois, que se celebrará o vindeiro sábado 14 de outubro. Tamén participaron na rolda de prensa Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, e Martín Rozas, directivo da Asociación de Veciños de Angrois e integrante do Noitebra F.C.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Tropa Verde recibe o premio "Boa Práctica" en Desenvolvemento Urbano Sustentable

11/10/2017

Miguel Varela e Marta Morán, en representación do Concello e da empresa Teimas Desenvolvemento, recolleron en Tallin (Estonia) o premio "Boa Práctica" outorgado á iniciativa Tropa Verde SCQ no marco do festival do programa europeo URBACT. O galardón recoñeceu o esforzo innovador deste proxecto cara a consecución dunha cidade máis sustentable nas súas iniciativas empresariais e medioambientais.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Publicadas as listaxes provisionais de bolsas de comedor, actividades extraescolares, material escolar ou conciliación para o curso 2017/2018

11/10/2017

A Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de bolsas de comedor, actividades extraescolares, material escolar ou conciliación para o curso 2017/18. A resolución está composta por dúas listaxes: a das bolsas por escaseza de recursos e a das bolsas por conciliación.

Ler máis
Compartir: