ALCALDÍA

Consenso entre Concello e organizacións cidadás para retomar o proxecto do Xardín Botánico

07/11/2019

O alcalde de Santiago reuniuse este xoves con membros da comisión cidadá creada para impulsar o Xardín Botánico de Compostela, integrada polo Ateneo de Santiago, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC. Xosé Sánchez Bugallo quere retomar este proxecto e crear un órgano de xestión para este espazo de 43.000 metros cadrados.

Ler máis

TURISMO

Arrinca a cuarta edición de "Compostela Ilustrada"

07/11/2019

Este mediodía comezou a cuarta edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que se celebrará ata o vindeiro domingo. Catorce ilustradores e ilustradoras estarán nas rúas para debuxar, nesta ocasión, a arquitectura contemporánea da cidade. Todo isto ao longo de catro xornadas nas que haberá obradoiros de rúa, exposicións, workshops e outras moitas actividades, entre as que destacan as Xornadas de Ilustración Urbana.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago reparará as cubertas das capelas da igrexa de San Martiño Pinario

07/11/2019

No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo acaba de sacar a concurso as obras de reparación das cubertas da igrexa de San Martiño Pinario, por un importe global de 128.818,71 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía estrea este domingo a ópera galega "A amnesia de Clío", do compositor Fernando Buíde, baixo a batuta de Paul Daniel

07/11/2019

A Real Filharmonía de Galicia estrea este domingo, 10 de novembro, a ópera galega A amnesia de Clío, do compositor Fernando Buíde e texto do dramaturgo Fernando Epelde. Será no compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, onde se utilizará o foso e con todas as entradas xa esgotadas. Representarase de novo o día 12 no Teatro Colón da Coruña (20:30 h) e o 14 no Auditorio Municipal de Ourense (20:30 h, en versión concerto).

Ler máis

URBANISMO

O proxecto das hortas de Caramoniña, distinguido cun dos accésits do Premio Intervencións na Paisaxe, convocado pola Fundación Juana de Vega

07/11/2019

O proxecto arquitectónico "Hortas de Caramoniña" recibiu hoxe o terceiro accésit do Premio Intervencións na Paisaxe, convocado pola Fundación Juana de Vega co obxectivo de por en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio. Realizado por Abalo Alonso Arquitectos, resolve unha topografía complexa con usos de hortas urbanas, enriquecendo un espazo comprendido entre o valioso parque de Bonaval e as edificacións circundantes.

Ler máis
Compartir: