POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Patricia de Lorenzo, Manu TF e Iria Fafián conducirán a Gala dos Premios Youtubeir@s, aos que aspiran 27 finalistas

26/11/2019

O Teatro Principal de Santiago acollerá ás 20:00 horas do venres 29 de novembro a gala de entrega dos Premios Youtubeir@as. As entradas son gratuítas e pódense retirar no despacho de billetes do propio recinto no horario de 18:00 a 20:00 horas. Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde demanda coordinación normativa e inspeccións para controlar a oferta de pisos turísticos

26/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario xeral do Eixo Atlantico, Xoán Mao, presentaron o informe "Impacto do turismo na morfoloxía urbana dos municipios do Eixo Atlántico". O estudo constata os efectos da economía colaborativa no aumento do número de camas en vivendas de uso turístico. Na presentación tamén participaron dúas das autoras do informe, Ana Ladeiras e Ana Carricoba.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo participou na apertura da Xornada ITH Hotel Energy Meetings

26/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no acto de inauguración da Xornada ITH Hotel Energy Meetings, que se celebrou durante esta mañá no Hostal dos Reis Católicos. Na cerimonia de apertura tamén participaron Sara Santos, presidenta de Hostalería Compostela; Julio Castro, representante da Unión Hoteleira Compostela e director do Parador de Santiago; e Coralía Pino, responsable da Área de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética do Instituto Tecnolóxico Hoteleiro.

Ler máis
Compartir: