CONSORCIO

A RFG celebra este xoves o seu concerto de Nadal baixo a batuta do director catalán Francesc Prat

19/12/2018

A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto de Nadal, con tres citas. A primeira será mañá xoves en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres, a orquestra tocará no Auditorio de Ferrol, tamén ás 20:30 horas, en colaboración coa Sociedade Filharmónica Ferrolá. E o sábado a RFG desprazarase a Ourense, onde ofrecerá un concerto no Teatro Principal da cidade, a partir das 20:00 horas. A batuta destes tres concertos levaraa o director...

Ler máis

ALCALDÍA

A Festa do Apego regresa no Nadal ao Auditorio con música, teatro e obradoiros

19/12/2018

O Auditorio de Galicia acollerá o próximo sábado, 22 de decembro, unha nova edición da Festa do Apego, con contos, música, xogos, e moitas propostas para que as nenas e nenos poidan gozar e socializar en galego. As actividades, especialmente pensadas para crianzas de 0 a 6 anos, desenvolveranse dende as 12:00 ata as 19:00 horas.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E MEDIO RURAL

Inaugurada en Amio a mostra "Anacos do rural de Compostela e A Coruña"

19/12/2018

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o edil de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, asistiron este mércores á presentación da edición multimedia de Galicia en la memoria, unha escolma de fondos fotográficos e cinematográficos de Galicia da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de entre os anos 1934 e 1989. Unha selección destas fotografías integra a exposición Anacos do rural de Compostela e A...

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela e outras oito cidades solicitan ao Ministerio de Transición Ecolóxica participar na reforma do bono social

19/12/2018

Representantes de varias das principais cidades do Estado remitiron este martes unha misiva conxunta á ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, demandándolle cambios no bono social e a formalización dun espazo de traballo cos concellos para a reforma da devandita axuda, que é até a data a única relacionada coa pobreza enerxética.

Ler máis

TURISMO

O Consello Municipal de Turismo coñeceu o avance do Plan Estratéxico 2017-2022 e os novos produtos de Turismo de Santiago

19/12/2018

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá no Auditorio de Galicia a sesión ordinaria do Consello Municipal de Turismo, órgano participativo que reúne a representantes da Administración, o sector turístico e diversas entidades da cidade para o diálogo, a participación e o asesoramento da toma de decisións da política turística municipal.

Ler máis
Compartir: