MEDIO AMBIENTE

O Concello leva plantados máis de 5.000 carballos no marco da campaña #1Voto1Árbore

18/02/2022

En paralelo áo proceso de votación no que o Carballo de Conxo está a competir polo título de Árbore Europea de 2022, o Concello de Santiago lanzou a campaña #1voto1árbore coa que pretende reforestar os espazos naturais de Santiago, unha iniciativa que conta coa implicación de diferentes colectivos da cidade como empresas, institutos ou colexios. Nesta ocasión foi o Grupo Albia quen participou nunha plantación que prevé a incorporación de máis de 800 carballos na zona do Polígono do Tambre.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A análise do Consello Económico e Social revela que un de cada cinco empregos do ámbito cultural galego se atopa en Santiago

18/02/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou en rolda de prensa algunhas das conclusións obtidas polos grupos de traballo do Consello Económico e Social, que celebrou xuntanza o pasado luns, 14 de febreiro. Nese encontro deuse conta do documento de "Actualización da análise da evolución da situación socioeconómica de Santiago de Compostela" e da "Análise e diagnose da Axenda Urbana de Santiago".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O comercio e a hostalería do Ensanche repartirán marcapáxinas e pousavasos co lema "Rosalía ben merece unha praza"

18/02/2022

114 establecementos do Ensanche, do ámbito comercial e da hostalería, participarán nas iniciativas de homenaxe a Rosalía de Castro impulsadas pola Asociación de Veciños Raigame, e nas que colaboran distintas entidades, entre elas o Concello de Santiago. Entre o 21 e o 27 de febreiro, os comercios do Ensanche agasallarán á súa clientela cun marcapáxinas co lema "Rosalía ben merece unha praza" e os nomes dos restaurantes que ofrecen caldo de gloria. E os locais de hostalería distribuirán un...

Ler máis
Compartir: