ACCIÓN CULTURAL

Compostela celebra o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun programa especial de actividades

16/02/2022

O Día de Rosalía conmemorarase por primeira vez o próximo 23 de febrero, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. No marco desta efeméride, o Concello de Santiago ofrecerá unha programación especial que darán comenzó o vindeiro sábado 19 de febreiro e que inclúe, ademáis dos actos institucionais, actividades culturais e roteiros.

Ler máis

DEPORTES

Santiago acolle esta fin de semana o XVI Open Compos de Esgrima e o II Torneo de Boxeo Olímpico

16/02/2022

A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada do presidente do Club Garage Compostela, Manuel Blanco, e o representante do Club Compostela de Esgrima, Xosé Piñeiro, presentaron hoxe en rolda de prensa os campionatos das disciplinas olímpicas de esgrima e boxeo que terán lugar esta fin de semana nos pavillóns do Restollal e de Santa Isabel.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello lanza a campaña "Santiago Concilia" para dar a coñecer as boas prácticas en materia de conciliación de varias empresas compostelás

16/02/2022

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de presentación da campaña "Santiago Concilia" coa que o Concello en colaboración con CERSIA e a USC pretende dar difusión ás iniciativas postas en marcha por diferentes empresas locais para favorecer a conciliación laboral e familiar do seu persoal. O acto contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, a responsable de Promoción Económica do Concello de Santiago, Carme Casado, así como os representantes das sete empresas compostelás...

Ler máis
Compartir: