SAÚDE

O Concello lanza en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro a iniciativa "En marcha" para fomentar a vida activa a través de rutas saudables

01/02/2022

A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, acompañada por Francisco Pais López e Lucía Álvarez-Santullano, presidente e técnica de Atención Psicolóxica e Prevención e Promoción da Saúde da AECC de Santiago, presentaron esta mañá en rolda de prensa o proxecto Rutas Saudables, unha proposta de andainas para favorecer a creación de hábitos saudables e contribuir á prevención do cancro.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Zona C acolle a primeira das catro intervencións artísticas que ocuparán o espazo neste 2022

01/02/2022

'Ausencias, Esencias, Presencias. Diálogos a través dunha reflexión sobre o corpo' foi o proxecto seleccionado na modalidade de Comisariado da convocatoria de intervencións artísticas para a Zona C en 2022. A exposición, comisariada por Aldara Vázquez e Iris Rodríguez, inaugurarase mañá mércores ás 20:00h no espazo multidisciplinar da praza de Cervantes. En Creación Artística foron seleccionados ‘El jarrón infinito’ de Mar Ramón Soriano, ‘Sequitur’ de Julia Huete e ‘Da...

Ler máis
Compartir: