ACCIÓN CULTURAL

O Auditorio de Galicia acolle mañá o primeiro concerto dun Ciclo Lied que centrará a súa 22ª edición na mélodie francesa, en Mahler e no bicentenario de Pauline Viardot

27/10/2021

O Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago de Compostela coa coordinación artística da asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e coa colaboración da Deputación da Coruña, dará comezo mañá cun primeiro concerto no Auditorio de Galicia á súa 22ª edición, que este ano muda de formato. Deste xeito, o ciclo celebrará tres recitais nos meses de outubro, decembro e febreiro integrados na temporada 2021-2022 da Real Filharmonía de Galicia-Auditorio de Galicia, que...

Ler máis
Compartir: