POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase á conmemoración do Día Nacional do Dano Cerebral

26/10/2021

Santiago acolleu este mediodía un acto organizado pola asociación Sarela para conmemorar o Día do Dano Cerebral, que dende o ano 2007 se celebra cada 26 de outubro. Comezou cunha camiñada que saíu da Alameda e rematou na praza do Obradoiro, onde se deu lectura a un manifesto por parte de familiares e persoas afectadas por esta enfermidade. No acto participaron, ademais da edila de Políticas Sociais, Mila Castro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e os representantes dos grupos municipais.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Gala aRi[t]mar chega mañá ao Auditorio de Galicia

26/10/2021

A gala presentouse este martes no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, e contou coa presenza de Guadi Galego, premio á mellor canción en galego 2020. No acto tamén participaron o secretario xeral de Política Lingüística, o concelleiro de Políticas Lingüísticas de Santiago e o subdirector xeral de Cooperación Transfronteiriza da Xunta. A entrega de premios, organizada pola EOI, terá lugar este mércores 27 de outubro, a partir das 20.30h no Auditorio de Galicia. Serán 90' de espectáculo...

Ler máis
Compartir: