ACCIÓN CULTURAL

O Castiñeiriño acolle un gran mural solidario da Mona Lisa do proxecto Art for Dent

22/10/2021

ART for DENT é un proxecto artístico e solidario da Asociación Galega da enfermidade de Dent que pretende visibilizar, desde a cultura e a arte, esta doenza minoritaria que afecta gravemente os riles. Dentro das accións que levan a cabo está a realización de murais artísticos ao longo da xeografía galega. O último, que recrea a famosa Mona Lisa, viste xa unha parede na rúa do Restollal, no compostelán barrio do Castiñeiriño. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, achegouse esta...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Música e natureza combínanse no proxecto "Electrofauna. A vibrante chamada do bosque como latexo electrónico", que se desenvolve ata o domingo en Santiago

22/10/2021

Desde hoxe e ata o domingo, 24 de outubro, celébrase en Santiago de Compostela "Electrofauna. A vibrante chamada do bosque como latexo electrónico", un proxecto cultural novidoso e vangardista que plantexa distintas actividades ambientais combinadas con sesións musicais que parten da música electrónica e vanse mesturando con sons da fauna e a videocración. Esta mañá presentárono, en rolda de prensa, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e a xestora cultural e coordinadora de Electrofauna,...

Ler máis

ALCALDÍA

Os bonos Corazón Compostela pasarán a ser de 50 euros: o Concello achega 30 e os consumidores, 20

22/10/2021

O alcalde anunciou en rolda de prensa a modificación da contía dos bonos Corazón Compostela co obxectivo de fomentar o seu consumo, especialmente por parte da xente máis nova. De 75 euros pasarán a ser de 50, aínda que a achega do Concello se mantén en 30 euros. Deste xeito, a entidade municipal subvenciona o 60%, fronte ao 40% que corre a cargo da persoa usuaria: 20 euros.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago de Compostela será a sede nacional do Diálogo sobre o Futuro do Envellecemento que impulsan A Moncloa e as institucións europeas

22/10/2021

O Diálogo celebrarase os días 25 e 26 de outubro en Santiago de Compostela e estará aberto a toda a cidadanía que queira participar, rexistrándose previamente nesta web. Participarán, ademais do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social; Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; e Diego Canga Fano, conselleiro Principal da DG de Agricultura e...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

"Unha viaxe extraordinaria" é a aposta do Grupo Cidades Patrimonio para a súa promoción nacional e internacional

22/10/2021

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentou onte á tarde a súa propia película, "Unha Viaxe Extraordinaria", o novo proxecto audiovisual das 15 cidades españolas incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Segundo o presidente do Grupo e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, "é imposible non emocionarse tras ver esta película que servirá para mostrar ao mundo a riqueza cultural, histórica, social e lúdica das nosas 15 cidades". Ao acto de...

Ler máis
Compartir: